Manual de Clipman

Mike Massonnet

This manual describes version 1.0.1 of Clipman.

Permission is granted to copy, distribute and/or modify this document under the terms of the GNU Free Documentation License, Version 1.3 or any later version published by the Free Software Foundation; with no Invariant Sections, with no Front-Cover Texts, and with no Back-Cover Texts. The complete license text is available from the Free Software Foundation.

April, July 2009


Índice

Introdución
Anatomía dun Portarretallos
Comezo
Comando emerxente
Configuración
Xeral
Accións
Diálogo de acción
Xfconf
Asistencia
Acerca de Clipman

Introdución

Clipman é un xestor de portarretallos para Xfce. Mantén o contido do portarretallos dispoñible xa que normalmente se perde cando se pechan as aplicacións. É capaz de manexar texto e imaxes, e ten unha funcionalidade para executar accións sobre textos específicos comparándoos con expresións regulares.

Anatomía dun Portarretallos

En X11 (tódalas plataformas Unix) hai por defecto dous portarretallos para intercambiar calquera dato entre as xanelas. Hai un portarretallos predeterminado que se modifica mediante copias manuais (por exemplo cando selecciona un ficheiro e preme no botón copiar), e hai un portarretallos primario que se modifica cas seleccións (por exemplo cando selecciona texto dun campo).

Clipman só xestiona o portarretallos predeterminado, pero ademais tamén pode ter en conta as seleccións. Cando xestiona as seleccións, o portarretallos predeterminado sempre se sincronizará con elas e conterá os mesmos datos. Deste xeito poderá pegar co teclado o que selecciona na pantalla.

Comezo

Clipman úsase para manter no historial unha lista dos contidos do portarretallos e restauralos. O historial móstrase nun menú premendo na icona principal. Dentro do menú é posible restaurar un texto e quitalo do historial.

Figura 1. Menú de Clipman

Menú que mostra o historial

Hai dous xeitos de executar Clipman. Pode seleccionar Clipman no menú de aplicacións na categoría Utilidades ou introducir xfce4-clipman na liña de comandos, ou pode engadila ao panel. Para engadir un novo elemento ao panel prema co botón dereito no panel e seleccione "Engadir novo elemento…".

Comando emerxente

Clipman proporciona a ferramenta de liña de comandos xfce4-popup-clipman. Cando se invoca emerxe o menú principal. O comando é práctico para os Atallos de aplicacións que está dispoñible en Menú de Xfce+Configuración+Teclado.

Configuración

O diálogo de configuración está no elemento “Propiedades” no menú contextual que aparece ao premer co botón dereito na icona principal. Permite axustar o historial e modificar as accións.

Xeral

A seguinte táboa describe as opcións dispoñibles:

TáboaTáboa 1. Opcións xerais do diálogo de Configuración

OpciónsDescrición
Sincronizar as selecciónsSincronizar o portarretallos primario co portarretallos predeterminado de xeito que sexa posible pegar o que se selecciona
Excluír do historialEvita que o portarretallos principal se insira no historial
Gardar ao saírMantén o historial en cada nova sesión
Almacenar unha imaxePermite almacenar unha imaxe no historial
Tamaño do historialDefine o número de elementos que se gardarán no historial

Figura 2. Configuración de Clipman

Lapela xeral do diálogo de configuración

Accións

Unha acción é unha parella composta por un nome de acción e unha expresión regular. Cada acción pode ter un ou máis comandos. O soporte das accións é opcional e pode activarse ou desactivarse a través da opción “Activar as accións”.

Para engadir unha acción prema na icona Engadir, para modificar unha acción seleccione a acción e prema na icona Modificar ou faga dobre clic na acción, e para eliminar unha acción seleccione unha acción e prema na icona Eliminar. Ao engadir ou modificar unha acción ábrese un novo diálogo.

Para aprender máis sobre as accións vaia a « Diálogo de acción ».

Figura 3. Configuración de Clipman

Lapela accións do diálogo de configuración

Diálogo de acción

An action has a human readable name that describes the pattern it is going to match. An action must have at least one command which also has a human readable name. The matched text can be reused in the command.

As accións sempre se comparan con seleccións de texto a menos que se especifique doutro xeito. Cando a caixa “Activar só ao copiar manualmente” está marcada, a acción hase comparar dende o portarretallos predeterminado (p.ex. con Ctrl+C).

Figura 4. Diálogo de acción

Diálogo de modificación de acción

Expresión regular

Caracteres especiais básicos: ".?+*(|)[]\".

  • .”: representa un só carácter.
  • ?+*”: significan respectivamente cero ou máis caracteres, un ou máis caracteres, e cero ou máis caracteres.
  • (|)”: úsase para o agrupamento e a substitución, a barra vertical úsase como unha operación OR.
  • [^]”: úsase para comparar un carácter dun conxunto de caracteres e caracteres especiais, o circunflexo úsase como comezo dunha negación.
  • \”: escapa un carácter especial.

Clase básica de caracteres alfanuméricos: "A-Za-z0-9". As clases de caracteres úsanse dentro de corchetes para representar un conxunto de caracteres.

Exemplos
  • "erro ?#?[0-9]+": text "erro", zero or one space, zero or one sharp character, and one or more numbers.
  • "(http|ftp).+\.(jpg|png|gif)": texto "http" ou "ftp", un ou máis caracteres, un punto, e o texto "jpg", "png" ou "gif".
  • "http://.{120}[^ ]+": texto "http://", 120 caracteres, e un ou máis caracteres exceptuando o espazo.
Recurso externo

Bótelle unha ollada ao artigo da Wikipedia sobre as expresións regulares.

Comando

Un comando pode reutilizar unha ou máis substitucións da expresión regular. As substitucións represéntanse cun ”\<número>” onde <número> corresponde co subpatrón dentro dos parénteses ou con 0 para o texto completo.

Por exemplo, partindo do simple patrón ”erro #(123)” é posible usar ”\0” para o texto “erro #123” e ”\1” para o texto “123”. Para o comando ”exo-open http://host/\1”, o comando que se executará en realidade será ”exo-open http://host/123”.

Xfconf

Clipman usa Xfconf para almacenar a súa configuración. Iso permítelle cambiar as opcións cas ferramentas xfconf-query ou xfce4-settings-editor. A canle é xfce4-panel e a propiedade base é /plugins/clipman. A seguinte táboa lista tódalas propiedades cos seus posibles valores:

TáboaTáboa 2. Propiedades de Xfconf

PropiedadeTipoPredeterminadoValores
/settings/add-primary-clipboardboolfalsetrue para sincronizar o portarretallos primario co portarretallos predeterminado
/settings/enable-actionsboolfalsetrue para activar as accións
/settings/history-ignore-primary-clipboardboolfalsetrue para excluír o portarretallos primario do historial
/settings/max-images-in-historyuint0de 0 a 5 imaxes no historial
/settings/max-texts-in-historyuint10de 5 a 100 textos no historial
/settings/save-on-quitbooltruetrue para restaurar o historial en cada nova sesión

Para cambiar unha opción dende un terminal escriba a liña de comandos:

xfconf-query -c xfce4-panel -p /plugins/clipman/<property> -s <value>

Asistencia

Para comunicar un erro ou solicitar unha funcionalidade use o sistema de seguimento de erros que se atopa en http://bugzilla.xfce.org/. Se ten preguntas sobre o uso deste software, pregunte na rolda de correo de Xfce ou conéctese co seu cliente IRC a irc.freenode.net, únase á canle #xfce e pida axuda.

Acerca de Clipman

Clipman foi escrito por Eduard Roccatello e despois mantido por Nick Schermer. Na actualidade é escrito por Mike Massonnet (). Visite o sitio web de Clipman.

Esta documentación foi escrita por Mike Massonnet (). Envíe tódolos seus comentarios e suxestións relativos a este manual a .

Este software distribúese baixo os termos da Licenza Pública Xeral de GNU tal como a publicou a Free Software Foundation; xa sexa a versión 2 de dita Licenza, ou (se o desexa) calquera versión posterior.

Debeu recibir unha copia da Licenza Pública Xeral de GNU xunta con este programa; en caso contrario, escriba á Free Software Foundation, Inc., 59 Temple Place, Suite 330, Boston, MA 02111-1307 USA